Evento: Grandes éxitos dos anos 60

Grandes éxitos dos anos 60
venres, 17 abril, 2015 - 22:00
Moon Music Club,
Santiago de Compostela

Grandes éxitos dos anos 60

Concerto a cargo de Los Mecánicos

Estes mozos e veteranos músicos xuntáronse co san obxectivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks ou Small Faces que se mesturarán con artistas como Bruno Lomas, Los Salvajes, Los Bravos, Fórmula V ou Los Brincos. 
Este trío de mozos aínda que sobradamente experimentados músicos repasarán na súa máis dúas horas de animado directo algúns dos momentos máis inesquecibles da década por excelencia do pop inglés, americano, español e galego.
Ninguén debería perderse tan entrañable ocasión, e de paso, aprender algo do pasado, sen o cal, é imposible coñecer o futuro que nos espera.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Habitación Vudú
7 de xuño, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Barrio - Ourense
Moon Cresta
7 de xuño, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
Carabela
8 de agosto, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense