Evento: La Traviata (adaptación escénica)

La Traviata (adaptación escénica)
sábado, 26 maio, 2018 - 20:00
Teatro da Beneficencia,
Ortigueira

La Traviata (adaptación escénica)

Espectáculo musical da compañía Camerata Lírica

Camerata Lírica de España escolleu está obra do compositor Giuseppe Verdi por ser a ópera máis representada nos últimos cen anos nos principais teatros do mundo. A súa programación é sinónima de afluencia e éxito de público e algunhas das súas melodías traspasaron o meramente operístico para converterse en parte da banda sonora da humanidade, como o famoso brinde. A súa fama é tan enorme que calquera persoa, por moi afastada da música clásica que se encontre, a recoñece como ópera.

Completa adaptación escenificada en case toda a súa extensión con acompañamento de piano, áxil, moi amena e comprensible que mantén as formas máis ortodoxas da ópera, tanto musicais, coma escénicas (atrezzo e vestidos de época), realizado e executado por cantantes de nivel internacional.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra