Evento: La penúltima Sabinera, el Tributo

La penúltima Sabinera, el Tributo
domingo, 28 maio, 2023 - 20:00
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

La penúltima Sabinera, el Tributo

 Sen dúbida, a máis fiel recreación dun concerto de Joaquin Sabina e a súa banda

Comezaron no 2012 como grupo de versións. Anos despois e coa voz do seu vocalista avalada polos mismísimos Pancho Varona e Antonio García de Diego, convértese  quizá na mellor banda Tributo a Sabina de todo o panorama nacional. Pasan de catro a sete membros, para ter así os mesmos compoñentes que a banda orixinal e obteñen desde os seus inicios unha fantástica acollida, así como unha moi boa crítica, logrando encher todas as prazas e auditorios nos que actúan.

Carlos García-Boente, vocalista, tivo o pracer de compartir escenario coa banda de Joaquín Sabina en Lugo e Madrid (Sala Galileo Galilei).  Os seus concertos gardan unha total similitude aos que ofrece a  banda do mestre de Úbeda, e é a súa música, vestiario, e atrezo similar, os que transportarán ao  espectador ao espectáculo do Xienense.

 

  • La Penúltima Sabinera (El Tributo)

Máis eventos de tipo Concerto

Mondra
9 de maio a 10 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Resis Festival 2025
10 de maio
Museo de Belas Artes
Maraya Zydeco
10 de maio
Club Clavicémbalo