Evento: Viaxe ao centro do corpo humán
Viaxe ao centro do corpo humán
A compañía de humor gestual Spasmo Teatro presenta «Viaxe ao centro do corpo humano», unha montaxe tan divertida como divulgativo que nos mergulla de cheo nos misterios que esconde o corpo humano. En Viaxe ao centro do corpo humano convertémonos nuns seres diminutos capaces de meternos dentro dunha persoa, coñecer a maquinaria que move o seu corpo, aprender como funciona o seu circuíto interno e, en definitiva, saber por que vivimos.
Sinopse:
E se fósemos tan pequenos como para meternos dentro dunha persoa e vivir unha incrible aventura, mentres aprendemos?
Benvidos a unha extraordinaria viaxe a través do noso corpo. Unha máquina perfecta, unha obra mestra na que nos mergullaremos para coñecer como funciona o seu incrible circuíto interior, polo que flúe a vida.