Evento: Encontro con Ledicia Costas

Encontro con Ledicia Costas
luns, 23 novembro, 2020 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Encontro con Ledicia Costas

Falamos de A señorita Bubble

Encontro coa autora galega Ledicia Costas para falar da súa obra A señorita Bubble (Edicións Xerais) no que explica os motivos polos que escribiu este libro e fai un pequeno xogo e un percorrido por mulleres inventoras que mudaron a Historia.

A señorita Bubble dá pé tamén a falar doutras obras literarias que gardan unha estreita relación con este libro. Acompaña ao encontro unha proxección de pequenas escenas de películas e unha quenda de preguntas.

A actividade está pensada para nenas e nenos a partir de 9 anos que previamente leran a obra. Poden vir cunha ou dúas persoas adultas. 

Ledicia Costas é unha escritora galega licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Empezou a escribir desde moi nova, sendo unha autora versátil que transita temas diversos, estilos e xéneros. A súa primeira novela publicada foi Unha estrela no vento ( Edicións Xerais 2000), libro que escribiu cando era unha adolescente e que actualmente vai pola 17ª edición. 

No salón de actos. Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade. 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense
As nosas letras Galegas
2 de maio a 25 de maio
Biblioteca Pública de Ourense