Evento: Coro Diapasón

Coro Diapasón
sábado, 26 novembro, 2022 - 11:30
Iglesia Orden Tercera A Coruña,
A Coruña

Coro Diapasón

Concerto de música coral.

No verán do ano 2010 coinciden nun obradoiro de música Coral contemporánea que se celebra en Ferrol , os integrantes de dous coros que se están formando nesa mesma cidade , un deles xuvenil , co mesmo director . A boa comunión entre ambos grupos fai que se unan e o resultado recibe o nome de Diapasón .
Como tal debuta xa no 2011 e dende entón efectúa concertos por toda a provincia da Coruña e outros lugares de Galicia, nos que vai mostrando un repertorio que combina música popular e académica, pero toda ela baixo o denominador común de estar creaba por compositores nados principalmente no século XX .
Dende 2012 comeza a actuar polo resto de Galicia e tamén fora dela , destacando até a data concertos en Xixón , Valladolid , Sevilla , Vitoria , Almendralejo (Badajoz) , Trujillo (Cáceres) , Poboa de Sanabria, Benavente (Zamora) , Arenas de Cabrales (Asturias) , Hecho e Jaca (Huesca) , Vila do Conde , Guimaraes, Oporto e Lisboa (Portugal) , Toulouse (Francia) .
En 2015 o coro participou no pregón da Semana Santa Ferrolana declarada de Interese Turístico Internacional .
En outubro de 2017 o coro realiza unha xira que o leva a Portugal e Francia dando concertos na cidade de Oporto e Toulouse . Na cidade francesa é invitado polo cónsul de España para participar no Día da Hispanidade que se celebra no "Salón dos Ilustres" do concello de Toulouse e coa presencia , ademáis do alcalde da cidade , o director do Instituto Cervantes e diversas autoridades . O coro é tamén convidado na cidade francesa para ofrecer un concerto na Casa de España nunha cerimonia moi emotiva con númerosos españois no Día da Hispanidade .

O Coro Diapasón leva participando durante catro anos na Rede Cultural da Deputación Provincial e no programa Ferrol Escena .

Diapasón é unha interesante mestura de persoas de diferentes idades . Na actualidade está formado por 40 compoñentes, moitos deles , os máis novos, estudantes de música do Conservatorio de Música de Ferrol, aínda que está inmerso nun constante proceso de crecemento . Debido ás numerosas solicitudes , entre os proxectos máis inmediatos de Diapasón , figura a creación e posta en marcha dun coro infantil para nenos e nenas a partir dos seis anos de idade .

Máis eventos de tipo Concerto

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Carlos Varela
21 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
The Lemon Twigs
22 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro