Evento: After

After
xoves, 12 marzo, 2015 - 23:30
Pub Ultramarinos,
Santiago de Compostela
Espectáculo poético musical a cargo do grupo Aldaolado
  • After é un espectáculo no que hai poesía, música en directo e simpáticas historias. Está pensado para aquelas persoas que xuran que na vida asistirán a un recital de poesía. Pero Aldao e Lado xa avisan de que este non é un recital convencional. É a poesía como nunca a viches e a diversión como nunca

    imaxinaches. Ás poetas gústalles definilo como un cabaret lírico.

    Lucía Aldao e María Lado levan máis de dez anos escribindo e lendo poesía en

    público e elas mesmas non soportan a idea dun poeta aburrindo o público cos

    seus textos. Por iso inventaron hai xa 6 anos un formato de lectura dos seus poemas no que cantan as súas cancións favoritas -dende Janis Joplin ata Lou Red, pasando por outros clásicos do rock pock e do pock rock-, contan historias desternillantes que teñen que ver cos poemas ou coa súa azarosa vida de escritoras e propoñen ao público que se convirta en autores dadaístas a través de divertidos xogos. Todo o que faga falta para que o respectable asista a unha velada chea de poesía, emoción e sobre todo, risas.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Rockers go to Hell
30 de maio, 23:30
Laroom - Ferrol - A Coruña
The Lákazans
31 de maio, 22:30
Club Clavicémbalo - Lugo - Lugo
Habitación Vudú
7 de xuño, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Barrio - Ourense
Moon Cresta
7 de xuño, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña