Evento: Charanga A Ponte Vella

Charanga A Ponte Vella
sábado, 31 outubro, 2020 - 18:30
Local Cultural Visantoña,
Santiso

Charanga A Ponte Vella

Espectáculo de música e baile galego.

Centro Cultural “A Ponte Vella” nace no ano 1986 por iniciativa dunha serie de veciños que motivados polo afer cultural das xentes do Concello que deciden constituirse como foco de cultura e saber popular, dando así a coñecer as raíces e o folclore do noso pobo mediante a formación do grupo de baile, “A Ponte Vella”, que dende entón ven realizando diferentes actuacións e mostras do noso folclore por todo o territorio galego, parte de España e os veciños Portugal e Francia. 

No seu curriculum, destaca a participación no Festival Interceltique de Lorient (Francia) nos anos 2005 e 2012 ; As Xornadas de Folclore Galego en Santiago de Compostela nos anos 2002, 2004, 2006, 2008, 2009, 2012 e 2017; decenas de premios acadados en diferentes certames de baile e música tradicional nos últimos anos, grazas á gran labor que realiza o grupo coa escola, na que actualmente hai arredor duns 60 nenos e nenas. 

O Centro Cultural “A Ponte Vella” pertence á parroquia de San Cristovo de Reis, ubicada no Concello Coruñés de Teo. Actualmente está presidida por Javier Magariños Bouzas e coa colaboración de Santiago Molina Cambados como Vicepresidente. 

Como directores de baile están ó cargo Javier Sanmartín López e Belen Tojo Parrado. No apartado musical, atopamos a Eva Blanco como directora de pandeireta, e a Alberto Barreiro Docampo (Warren) como director de música e percusión. Ademáis, contamos con Carmen Tojo Parrado como colaboradora da escola de baile da Ponte Vella. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola