Evento: Pelepau: Fio e agulla

Pelepau: Fio e agulla
venres, 25 setembro, 2020 - 22:30
Carballeira de Santa Minia,
Brión

Pelepau: Fio e agulla

Concerto de folk.

Os instrumentos de percusión empregados por Pelepau nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais galegos, destacando os que antano eran utensilios da vida cotián como as culleres, tixolas, botellas de anís, morteros, etc, para deste xeito, recuperar e potenciar a riqueza da instrumentación galega.

A publicación no 2015 do seu primeiro traballo discográfico, “Fío e Agulla”, fai un percorrido pola música popular galega mesturada e influenciada polos ritmos tradicionais das culturas que durante anos, e no mesmo presente, conviven coa colectividade emigrante galega, interpretada como non, cun chisco de humor.

O repertorio de “Fío e Agulla” caracterízase por trasladar ao ouvinte ás festas populares de Galicia (romerías, seráns, foliadas, etc.), incitando ao movemento corporal pola presencia ben marcada da percusión.

  • O Vivir en Vigo - Videoclip Pelepau

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes