Evento: Cores, contos e rock n roll

Cores, contos e rock n roll
martes, 23 marzo, 2021 - 18:00
CPI Armando Cotarelo Valledor,
Boimorto

Cores, contos e rock n roll

Música acompañada de contos e historias.

“Contos, Cores e Rock´n´Roll”(**) chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Paco Cerdeira (Pakolas) guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, e contando nesta ocasión co apoio de Laura Romero (Ilustradora), dando unha nova dimensión visual coa creación en directo de debuxos con cores que acompañan ás cancións e contos que nelas se recollen, e axudando así a Pakolas na presentación dos seus protagonistas.

  • "Cores, Contos e Rock´n´Roll" con Pakolas e Laura Romero. VÍDEO-PROMO

Máis eventos de tipo Espectáculo

Tres mulleres na escuridade
15 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Tres mulleres na escuridade
15 de maio
Biblioteca Pública Ánxel Casal
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
16 de maio
Auditorio Municipal
Danza 3 | O Fiadeiro
17 de maio
Praza Maior