Evento: O pozo das señoras

O pozo das señoras
domingo, 12 decembro, 2021 - 17:00
Concello de A Cañiza,
A Cañiza

O pozo das señoras

Espectáculo de monicreques e contos.

É un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias. Con esta proposta queremos achegarnos ás mulleres do noso imaxinario, da nosa vida: lavandeiras da noite, lavandeiras de oficio e de sacrificio, pieiras que coidan dos lobos e bruxas cos dentes de ferro...

Cun marcado compoñente de xénero, este espectáculo leva rodando dende 2017 por teatros, auditorios, casas da cultura, lavadoiros, fontes de todo o país. E grazas a vós non paramos de recoller alegrías!

  • O pozo das señoras

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos