Evento: Alma (non é hippie)
Alma (non é hippie)
Alma (non é hippie) é o primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañías Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro.
Alma (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, daquela, sobre o aparente e as aparencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.
ALMA (NON É HIPPIE) | Vigocultura| el sábado, 10 de octubre de 2020 a las 21:00h. en el Auditorio Municipal de Vigo.
Compañía: Colectivo Verticalia (Duelirium, Traspediante e Pistacatro)
Espectáculo: ALMA (NON É HIPPIE)
Xénero: danza contemporánea
Autoría, dirección, escenografía e deseño de son: Rolando San Martín
Deseño de iluminación: Fidel Vázquez
Vestiario: Fany Bello
Música: Judas Diz e Rolando San Martín
Coreografía: Rolando San Martín e Colectivo Verticalia
Elenco artístico: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas e Marçé Solé