Evento: Concerto Sorpresa
Concerto Sorpresa
Este ano anúncianse concertos, poñendo á venda entradas, pero sen develar o nome do artista salvo algunhas excepcións. O objetico é evitar aglomeracións e poñer o foco na experiencia de vir ao Náutico como hai moitos anos e gozar dun ambiente tranquilo e seguro, ademais de descubrir artistas que non coñecemos. Ante a redución de aforo ao 25% do do ano pasado, queremos que se valore experiencia de ver un concerto comodamente sentado, con atención en mesa, limpeza e tranquilidade.
Ao poñer á venda as entradas, véndense as 70 entradas da zona cuberta, e ao achegarse o día, cando fose seguro que non vai chover, póñense á venda as seguintes 70. Isto decídese normalmente entre 3 días e 8 horas antes do concerto.
Se compras unha mesa de 4, é posible engadir unha persoa máis e pagala no momento de chegar ao concerto. Se compras unha mesa de 8, é posible engadir dúas persoas máis e pagalas ao llear ao concerto.
As entradas véndense inseparablemente a grupos de persoas convivientes. Non se poden compartir as cadeiras dunha mesa con descoñecidos de ningunha maneira. As entradas non son transferibles, pois co rexistro de compra todos os asistentes están localizables.
Pódese vir ao bar sen reserva a calquera hora de calquera día, pois os concertos son nunha zona soamente. Non atendemos a grupos de xente sen mesa, así que cando todas as mesas están ocupadas, debemos esperar a que se liberen para admitir novos clientes.