Evento: Pocket Corner
Pocket Corner
A formación norueguesa Pocket Corner é un dos principais e máis lonxevos proxectos da escena de Jazz Nórdica. Foi creada e dirixida polo trompetista Didrik Ingvaldsen en 1986. Co paso dos anos converteuse nunha verdadeira institución pola que pasaron moitos dos actuais músicos do Avant-Garde noruegués como Paal Nilssen-Love entre outros. Herdeiros do son Free creado por Ornette Coleman, impregnan a súa música de elementos do jazz nórdico e da improvisación máis libre.
O currículo de Didrik Ingvaldsen pasa por unha extensa formación en Noruega, Leeds (UK) New York (Juliard), traballa como profesor na súa cidade natal, Stavanger, desde fai mais de 30 anos e a lista das súas publicacións, discos, grupos e colaboracións é extensísima.
Didrik Ingvaldsen: trompeta
Glenn Brun Henriksen: saxo alto
Aleksander Grønstad: guitarra
Stålle Birkeland: batería