Evento: Zona en obras

Zona en obras
mércores, 10 agosto, 2022 - 20:00
Torroeiro de Novás,
O Rosal

Zona en obras

Espectáculo que mistura diversos xéneros coma os contos, a música, o clown ou os títeres, cunha posta en escena

Atención! Este espectáculo está en obras. Si: está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas... e a axuda inestimable do público.

Malo será que entre tod@s non acabemos estas historias cheas de música e ritmo. Osos tristes, extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, cans de palleiro que se converten en superstars...

 

A nova tolería de Brais das Hortas. Narración, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.