Evento: Nai coraxe

Nai coraxe
martes, 15 decembro, 2020 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña

Nai coraxe

Obra de Bertolt Brecht

As guerras, eses sádicos negocios que deixan moitas vítimas e do que se aproveitan xente sen escrúpulos para facer negocios e enriquecerse. Sempre que hai un conflito deste tipo hai moita xente que sofre, que o perde todo (incluso a vida), pero existe un pequeno grupo de persoas que desexan que a guerra continúe para facer negocios, para aproveitarse do mal alleo e así enriquecerse. Sempre hai dúas caras dunha moeda, mesmo nas situacións máis dramáticas.

Esta versión dunha das obras máis universais de Bertolt Brecht, profundamente antibelicista, golpéanos de fronte, móstranos sen andrómenas as miserias da guerra, así como o ruines que podemos chegar a ser en situacións extremas. O conflito, ese espazo no que todos queren sobrevivir pero poucos enfróntanse a el de forma directa. Moitas son as persoas que só miran por se mesmos e polos seus propios intereses, un duelo pola supervivencia dentro dun conflito no que a maior parte da xente está por imposición, polo que o ansia por fuxir, por salvarse custe o que custe, é aínda máis extremo. A batalla como espello dunha sociedade na que só prima o individuo, na que todo vale para conseguir os obxectivos.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Os contos do Lobicán
17 de xuño
Casa Cultura