Evento: Verán en Belvís 2020: Plantas medicinais
Verán en Belvís 2020: Plantas medicinais
Desde a Prehistoria, empregáronse as plantas para tratar toda clase de enfermidades debido ás súas propiedades calmantes, anestésicas, antisépticas ou vulnerarias. As especies vexetais recollíanse para ser empregadas nunha serie de problemas de saúde, tomadas como infusión ou aplicadas como lociones.
Comezarase cunha explicación na que se incentivará a participación dos asistentes sobre os usos medicinais das plantas. Esta charla poderá contar, en caso de choiva, con apoio audiovisual a desarollar na sala de usos múltiples do CIPX. Posteriormente, realizarase un itinerario botánico polo Parque de Belvís na procura das plantas medicinais presentes na contorna do CIPX. Os monitores ambientais dará explicacións para a súa identificación, propiedades, recolección e elaboración de remedios. Para finalizar, os asistentes recollerán as súas macetas con mostras das diferentes plantas medicinais tratadas durante esta actividade.