Evento: Semente, de Tamara Andrés e Neves Seara
Semente, de Tamara Andrés e Neves Seara
“Na distancia medran versos” é a proposta de poesía do Festival C para o mes de agosto, que terá lugar no Paseo da Ferradura da Alameda.
"Semente" é unha proposta pensada para a escena que propón unha reflexión íntima sobre a infancia, sobre a familia, sobre o xeito no que interactuamos co pasado. A través de tres cartas ―a violencia, a infancia, o futuro―, as artistas van construíndo un relato desde a palabra e desde a arte de acción que serve como como diálogo, como ritual, como semente de futuro.
A acción nace dun intercambio de comunicacións nas que Tamara Andrés e Neves Seara relatan os episodios familiares que deixan unha pegada tanto a nivel persoal como artístico. Tras esas comunicacións, Tamara escribe tres cartas. Na escena, mentres ela as le, Neves outórgalles outra narrativa servíndose de obxectos, movementos, accións.