Evento: As Armadanzas na punta do pé

As Armadanzas na punta do pé
venres, 11 setembro, 2020 - 20:00
Praza do concello,
Salceda de Caselas

As Armadanzas na punta do pé

Mercedes e Montse son as “Armadanzas", dúas compañeiras que gozan poñendo a bailar a todo o mundo.

A súa nova proposta é levar o público, sen límite de idade, ata o mundo do baile tradicional galego- portugués. A viaxe que vos propomos inclúe contos e historias que nos envolverán e sen decatármonos, estaremos divertíndonos cos bailes e cos novos compañeiros que imos atopando. O mellor é deixar a vergoña na casa e deshinibirse pois non importa bailar ben, senón deixarse levar pola maxia do baile e coñecer novos compañeiros nesta viaxe.

Esta proposta adáptase a todos os públicos e idades, xa que estas Armadanzas son expertas en poñer a todo o mundo a bailar.

O libro na Punta do Pé, coas personaxes que o ilustran, Xan e Matilde, será a súa guia para descubrir as aventuras desta parella, especialmente os bailes que os namorarán e que iremos compartir con vós. Non perdas esta ocasión para bailar!

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola