Evento: Nono

Nono
sábado, 21 agosto, 2021 - 19:30
Praza da Constitución,
Ares
Espectáculo do artista Arturo Cobas

"Nono", un inocente clown que fará viaxar ao público polo seu mundo de fantasía, un mundo no que tentará mostrar os seus mellores trucos de malabares aínda que os problemas aparezan en cada esquina, aínda que ao final, sempre se acaban resolvendo con moito humor.  Podendo gozar de incríbles malabares, unha pelexa encarnizada cun mosquito, a aparición do seu inseparable amigo o mono, un combate de boxeo, e moito máis.
Todo isto, nunha combinación de mimo, malabares, manipulación de marionetas, clown e un mundo sen palabras.

 

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal