Evento: Celda 211

  • Celda 211
Celda 211
mércores, 17 decembro, 2014 - 18:00
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

Celda 211

CineGalicia 25. Que é o cine (galego)?

España, 2009

Dirección: Daniel Monzón. Guión: Daniel Monzón e Jorge Guerricaechevarría, sobre a novela de Francisco Pérez Gandul. Produción: Vaca Films ; Morena Films e Tele 5. Fotografía: Carles Gusi.

Intérpretes: Luis Tosar, Alberto Ammann, Antonio Resines, Marta Etura.

Duración: 110 minutos. 

Gran triunfadora dos Goya e dos Mestre Mateo (10 galardóns), merecedora en ambos os casos do premio principal, destinado á mellor longametraxe. Un novato funcionario de prisións preséntase no seu destino un día antes da incorporación oficial. Sofre un accidente e vese envolvido nun motín en que se fai pasar por preso. A presenza de Malamadre, un famoso preso de réxime FIES (Ficheros de Internos de Especial Seguimiento), dá pé a situacións complicadas. Un filme tenso, fluído, de bo pulso narrativo, gran éxito do cine español recente.     

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Rock Bottom
3 de maio
Filmoteca de Galicia
Querer* (capítulos 1 e 2)
6 de maio
Filmoteca de Galicia
Querer* (capítulos 3 e 4)
7 de maio
Filmoteca de Galicia
Corazón salvaje
7 de maio
Filmoteca de Galicia