Evento: Leilía - 30 aniversario
Leilía - 30 aniversario
Ás portas de facer 30 anos xuntas, Leilía afrontamos este aniversario coa presentación dun novo espectáculo que revise a nosa discografía, a nosa traxectoria musical fiando as nosas orixes coas aprendizaxes adquiridas ao longo destes anos.
Retomaremos vellas músicas do noso repertorio coas que nos demos a coñecer e farémolas nosas de novo, vellas melodías con novo aire, coma nós, que sendo as mesmas temos un xeito diferente pasadas xa tres décadas.
Os anos e unha traxectoria sólida dan pouso, seguridade, táboas e azos para seguir medrando, creando e evolucionando a nivel musical, escenográfico e visual. Será unha aposta integral, un proxecto no que cadre oirxe e fin, pecharase o círculo e dentro del terán cabida ilusións premios, colaboracións, recoñecemento e un sinfín de vivencias que fan de Leilía un referente na música galega, por, entre outro logros, poñer en valor o papel da muller como creadora, conservadora e transmisora da tradición oral galega.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño



