Evento: MicroSonRías Baixas: Arco

MicroSonRías Baixas: Arco
venres, 31 xullo, 2020 - 20:00
Recinto SonRías,
Bueu

MicroSonRías Baixas: Arco

Festival de música pop.

O carismático cantante, guitarrista e compositor de El Puchero del Hortelano, Antonio Arco, volve ao escenario do SonRías Baixas cun novo traballo -o terceiro do seu proxecto persoal- debaixo do brazo. ARCO xa conquistou ao público de Bueu, en 2017, coa súa característica voz rota e coa instrumentación clásica de banda de rock, marca da casa, matizada por unhas coidadas letras que destacan pola súa emotividade e intensidade. Volve agora, despois de madurar a súa proposta persoal sobre os escenarios de medio mundo, para emocionar ao público do Multiusos da Estacada con esa particular mestura, a medio camiño entre a tradición de Sabina e os Extremoduro máis pausados, que entronca con esa xeración de músicos urbanos que percorren con soltura os camiños que unen o rock de acento flamenco e o pop de aspiración masiva.

Máis eventos de tipo Concerto

Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia
Picadiscos
11 de xullo
Campo da Festa de Urdilde