Evento: Garufa Blue Devils BigBand
Garufa Blue Devils BigBand
Garufa Blue Devils Big Band xorde a mediados do mes de outubro de 2014, ao abrigo do Garufa Club, emblemático local coruñés, de forma similar ao que facían as grandes bandas da década dos anos 30 e 40.
É unha orquestra formada por 19 músicos e 4 cantantes nun formato clásico de big band ( 4 trompetas, 4 trombóns, 5 saxofones, batería, contrabaixo, guitarra, piano, percusión e outros instrumentos segundo as esixencias do repertorio).
A música que interpreta a orquestra está baseada nun repertorio de temas clásicos dos anos 30 e 40 , época dourada das grandes orquestras de swing en Estados unidos e os grandes musicais.
A dirección da orquestra recae en mans de Roberto Somoza, que se encarga tamén dos arranxos musicais, deseñados especificamente para esta formación.
Hoxe en día, Garufa Blue Devils Big Band ten xa publicados 4 discos: Barrel House (2015), That´s Life (2016), Runnin´ Wild (2017) e Siboney (2019), este último xunto a Sito Sedes dedicado á música afrocubana, atopándose na actualidade a piques de publicar outro traballo, que levará por nome Hello Dolly.
Todos os discos foron gravados por Pablo Barreiro coa colaboración da Radio Galega.
Voces solistas
Bea García
Paula Pérez
Mery Lafuente
Gabriel Triana
Máis eventos de tipo Concerto