Evento: XX Conferencia do Movemento Internacional pola Nova Museoloxía (MINOM)

  • MINOM_ICOM 2020
XX Conferencia do Movemento Internacional pola Nova Museoloxía (MINOM)
venres, 31 xullo, 2020 a sábado, 1 agosto, 2020
Museo Provincial de Lugo,
Lugo

XX Conferencia do Movemento Internacional pola Nova Museoloxía (MINOM)

Cara a unha museoloxía 4D: social, política, ambiental e economicamente sustentábel.

Os días 22 e 23 de xullo de 2020, terá lugar de xeito virtual á XX Conferencia do Movemento Internacional pola Nova Museoloxía (MINOM), baixo o título Cara a unha museoloxía 4D: social, política, ambiental e economicamente sustentábel. Nesta ocasión este encontro ten un carácter galaico-portugués, pois terá como sede virtual compartida Lisboa e Lugo.

Esta Conferencia conta coas colaboracións da UNESCO, Ibermuseos, ICOM, entre outras institucións. O Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía, MINON, foi fundado en 1985 en Lisboa, durante o Segundo Obradoiro Internacional de Nova Museoloxía, pero os seus principios ideolóxicos nacen na Declaración de Santiago, asinada en Chile en 1972. Forman parte do MINOM institucións de 11 países que traballan fomentando a participación cidadá dentro das organizacións museísticas, a recuperación da memoria e poñendo en valor o patrimonio cultural, natural e a diversidade cultural.

Nas datas programadas, as sesión terán lugar vía plataforma ZOOM e en directo polo facebook, conforme ao programa que se acompaña no seguinte enlace: 

PROGRAMA

Inscricións:

MINOM_ICOM 2020

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal