Evento: Baking Blues Band
Baking Blues Band
Por fóra, unha banda de blues. En realidade, dicir, ?Bakin Blues Band é unha familia. Intégrana catro músicos galegos de amplo currículo: Francisco Sanz (baixo), David Tato Vázquez (guitarra), Ale Casquero (piano) e Javier Turnes (voz e guitarra). A Bakin Blues Band comezou a súa andaina no ano 2008 no máis improbable dos escenarios: a Costa da Morte. Empezamos a facer unhas jams nalgúns garitos de por alí, lembra Javier Turnes, e a cousa foi crecendo, e crecendo desde entón, a Bakin Blues Band actuou por toda Galicia e Portugal e na práctica totalidade dos festivais dedicados ao xénero en chan español. Cunha particularidade: o que empezou sendo un cuarteto terminou nunha banda de formato variable, coa inclusión de, entre outros, Schilberto Carvalho (saxo), Rafa ?Mississippi? (harmónica), Pablo Bárez (batería), profesor da Escola de Blues de Madrid e batería habitual da escena blusera madrileña.
É así que a banda compostelá ha compartido escenario con algunhas estrelas do xénero, tales como Marcos Coll, Xulián Freire, Barbara Lynn, Bonney Fields, Tonky da Pena, Little Mike & The Tornadoes e Steve Krasse entre outros. O pasado ano, celebraron o seu décimo aniversario cun espectáculo, Ten long years, un capricho que pretendía presentar toda esa experiencia, todos eses encontros, toda esa alegría do blues, aclaran os seus integrantes. Bakin Blues reivindica o legado de Muddy Waters, Son House e Leadbelly a través dun directo contundente. O oínte ten a sensación de acharse nun club do South Side de Chicago. Para Javier Turnes, esa é a maxia do blues, unha sensación antes que un estilo.