Evento: Lenny Kravitz

Cancelado
Lenny Kravitz
domingo, 26 xullo, 2020 - 22:00
Coliseum,
A Coruña

Lenny Kravitz

Concerto do artista neoyorquino.

No verán 2020 Lenny Kravitz chega a Galicia cun concerto na Coruña. Esta data no norte de España está dentro da Xira «Here to Love Tour 2020» que o artista comeza en marzo 2020.

Lenny Kravitz é un cantante, actor, compositor, multiinstrumentista e produtor estadounidense, cuxo estilo incorpora elementos do blues, rock, soul, funk, reggae, folk e balada.

Lenny gañou o premio Grammy ao "Best Male Rock Vocal Performance", catro anos seguidos, de 1999 a 2002; e está situado na 93ª posición dos "100 mellores artistas de Hard Rock" de VH1. Lenny Kravitz vendeu 40 millóns de discos en todo o mundo. Pero ademais ten no seu poder un dos máis amplos conxuntos de hits musicais que o alzaron ao apoxeo desde a súa primeira aparición en 1989.

  • Lenny Kravitz - Again