Evento: A galiña roxa

A galiña roxa
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

A galiña roxa

Conto narrado por Pilar Martínez.

A galiña roxa” é un conto tradicional moi estendido no mundo anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presentena vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugallade quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente do traballo alleo.A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gatodurmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos que definen os personaxes- que non está no seu ánimocolaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller, moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorrennunha longa liña de tempo, a través das estacións, polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidadesde quen só se interesa por obter resultados inmediatos.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade