Evento: Unha pantasma con asma

Unha pantasma con asma
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Unha pantasma con asma

Actividade online dentro do programa Afundación na casa.

Ata as pantasmas poden chegar a contraer enfermidades, sobre todo se viven en ambientes insalubres ou solitarios. Pero as divertidas rimas desta historia receitarannos o remedio infalible que cura todos os males, incluídos os fantasmales.

Unha pantasma con asma é un conto en verso, áxil e cunha gran dose de humor, para que o gocen tanto nenos como adultos. Os máis pequenos atoparán un personaxe estrafalario e excéntrico que, aínda que está moi necesitado de agarimo e amizade, animaralles a estimular a súa imaxinación. En cambio, unha lectura adulta -non exenta de humor- comprobará que moitos fantasmones pretenden dar medo, aínda que a penas son capaces de disimular a súa carencia afectiva.

Cun estilo impresionista para un conto impresionante, as ilustracións inciden no carácter humorístico do texto, a través da técnica do acrílico temperado e o lapis, recreando un ambiente hilarantemente fantasmagórico para unha historia poética e esdrúxula.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola