Evento: XORNADA DE REDES ABERTAS
XORNADA DE REDES ABERTAS
O Arquivo Municipal de Redondela súmase á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar Sociedades do Coñecemento
Cada día, dende o 2 de xuño, están a publicar unha adiviñanza visual nas redes sociais: Páxina web do Concello; Facebook e Instagram de Cultura; así coma Facebook do Concello de Redondela. Todas as imaxes e xogos de palabras xiran en torno ao Arquivo.
O día 9 de Xuño, non haberá pista, senón que se subirá un vídeo no que, cun plano subxectivo a cámara entrará dende o exterior ata as dependenzas do Arquivo onde realizaremos unha visita ás dependencias, explicando en qué consiste o noso traballo. deste xeito, substituiremos a Xornada de Portas abertas, por unha Xornada de “Redes abertas
#UnArquivoÉ