Evento: Cociñeiras ilustradas: Laura Tova - Roliños de arroz
Cociñeiras ilustradas: Laura Tova - Roliños de arroz
Tirastes proveito destes meses do obrigado #quedanacasa para cociñar pratos cos pequenos e pequenas da familia? Seguro que si! Por iso, agora podedes xuntos/as dar un chanzo máis na vosa destreza na arte dos fogóns con receitas animadas e sinxelas, e non por iso menos saborosas, para preparar e papar coa cativada, grazas ás nosas Cociñeiras ilustradas! Cada sábado contades cun novo e larpeiro plan de fin de semana que vos vai resultar un xeito divertido de achegarlles aos vosos nenos e nenas a cociña e o coñecemento de alimentos e hábitos saudables, que son moi importantes na súa nutrición e crecemento.
LAURA TOVA
Vídeo-receita de Roliños de arroz
Carballo, 1989. Formada en ilustración na EASD Pablo Picasso comeza co seu proxecto de deseño de producto no 2014, para posteriormente introducirse no mundo do deseño e ilustración publicitaria. Participa en diversas iniciativas de arte urbano como Derrubando Muros con Pintura, ou Derrubando Muros para ver o Mar en Coruña. Imparte obradoiros e destaca o seu proxecto de autoedición Voantes onde conflúen a ilustración e a escultura cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naïf. En 2018, ilustra “Música no Faiado” coa editorial Xerais e escrito por Miguel Ángel Alonso Diz.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual