Evento: Cociñeiras ilustradas: Ana Varela - Cornete de pavo e verduras

Cociñeiras ilustradas: Ana Varela - Cornete de pavo e verduras
sábado, 13 xuño, 2020 - 10:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Cociñeiras ilustradas: Ana Varela - Cornete de pavo e verduras

Divertidas receitas animadas para preparar e papar coa cativada

Tirastes proveito destes meses do obrigado #quedanacasa para cociñar pratos cos pequenos  e pequenas da familia? Seguro que si! Por iso, agora podedes xuntos/as dar un chanzo máis na vosa destreza na arte dos fogóns con receitas animadas e sinxelas, e non por iso menos saborosas, para preparar e papar coa cativada, grazas ás nosas Cociñeiras ilustradas! Cada sábado contades cun novo e larpeiro plan de fin de semana que vos vai resultar un xeito divertido de achegarlles aos vosos nenos e nenas a cociña e o coñecemento de alimentos e hábitos saudables, que son moi importantes na súa nutrición e crecemento.

 

ANA VARELA

Vídeo-receita de Galletas de leite condensado

Nada en 1987 en A Coruña, cidade na que reside e traballa actualmente. Desde ben nena foi unha apaixonada da pintura e o debuxo, o que a leva a estudar Belas Artes na Facultade de Pontevedra. A partir de 2015, comeza a dedicarse á ilustración de forma profesional, enfocando a súa actividade principalmente cara á ilustración infantil e colaborando con diferentes editores e
clientes de todo o mundo. Nos seus proxectos adoita experimentar con diferentes técnicas e estilos na procura de versatilidade, xogando coas posibilidades que ofrece o debuxo.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Tardes de soledad
13 de maio
Filmoteca de Galicia
Arde Amor
13 de maio
Filmoteca de Galicia
O médico certo
14 de maio
Filmoteca de Galicia
Salvaxe, salvaxe
14 de maio
Filmoteca de Galicia