Evento: Educando con maxia con Xuxo Ruiz, profesor finalista dos Global Teacher Prize
Educando con maxia con Xuxo Ruiz, profesor finalista dos Global Teacher Prize
Unha mestura de relatorio, taller de maxia e espectáculo nun formato diferente, participativo, divertido e único. Cheo de ideas prácticas e útiles. Unha sesión chea de maxia para toda a familia na que poderás aprender a realizar varios efectos máxicos e servirá para que os vosos fillos repasen e afiancen algúns contidos curriculares do colexio. Non será necesario ter materiais especiais. Estará dirixido por Xuxo Ruiz, creador da Maxia Educativa. Xuxo é mestre de primaria e mago. El é pioneiro en usar o ilusionismo como recurso didáctico e faio en todos os colexios onde traballou. desde hai máis de 20 anos É autor do libro Educando con maxia, libro educativo máis vendido do ano 2013. Participa continuamente nos máis prestixiosos congresos educativos formando ao profesorado. Está considerado un dos 50 mellores mestres do Mundo e foi o único español nomeado ao premio Nobel da Educación, Global Teacher Prize, no ano 2018.