Evento: O apalpador

O apalpador
venres, 26 decembro, 2014 - 18:00
Biblioteca Nodal de Lugo,
Lugo

O apalpador

Actividade para que os máis pequenos e pequenas se acheguen a esta figura

Dende as montañas de Ancares e Courel, baixa cara a biblioteca de Lugo o vello carboeiro, o chamado Apalpador, que traia castañas asadas as nenas e nenos que tiñan fame naqueles tempos de inverno. Agora castañas asadas que cando se abren ceiban contos que alimentan o coñecemento das riquezas da natureza das nenas e nenos e a súa famiña de viaxar ata carballeiras e soutos, de cruzar regatos e saltar polas penedas das fervenzas. O Apalpador levará as nenas e nenos co seu cabaliño Caramulo e con Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro a coñecer a nena loba Coureliña e o lobo Lor, recibindo como premio un agasallo da música do vento.

En fin, unha tarde para encontrar, tamén no Nadal, un achegamento ao coidado da terra, dos bosques e as fragas, das montañas e as chairas, para devolverlle ao vello Apalpador o seu fogar de teixos e acivros, de bidueiras e sobreiras.

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O Chow do Flow
25 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5