Evento: Covid19 Virtual Summit: Pandemias e cidades resilientes. Co Dr. Robert Muggah

Covid19 Virtual Summit: Pandemias e cidades resilientes. Co Dr. Robert Muggah
mércores, 13 maio, 2020 - 19:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Covid19 Virtual Summit: Pandemias e cidades resilientes. Co Dr. Robert Muggah

Conto narrado por Carles García Domingo

Robert Muggah compartirá as súas apreciacións sobre o contaxio e o impacto das pandemias, por que se están volvendo cada vez máis comúns, e como as cidades poden axudar a minimizar as ameazas agora e no futuro. As pandemias están a aumentar a súa frecuencia. Necesitamos responder á COVID-19, pero esperar máis do mesmo nos vindieros anos. Necesitamos acelerar a colaboración global e as respostas do conxunto da sociedade para facerlles fronte, un desafío nun momento en que a cooperación está limitada. Crear redes de alcaldías, mellorar a capacidade de detección das cidades, adoptar intervencións temperás e continuas por sectores, reorientar e redeseñar as cidades, e apontoar a preparación ante unha pandemia son as claves. 

O Dr. Robert Muggah, relator, escritor, emprendedor social sobre cidades, seguridade, adaptación climática e novas tecnoloxías, é cofundador dun thinktank que traballa temas de seguridade e xustiza baseada en datos, é ademais cofundador do grupo Sachdev, dedicado a controlar riscos dixitais e fortalecer a seguridade cibernética.

Traballou en máis de 50 países coas Nacións Unidas e o Banco Mundial. É autor de varios libros, colaborador de CNN, Financial Times, The Guardian e relator habitual de charlas TED.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Actividades de verán Museo Massó
Obradoiros infantís
10 de xullo a 26 de xullo
Museo Massó
campamento_castrexo
Campamento castrexo
14 de xullo a 24 de xullo
Museo do Castro de Viladonga