Evento: Baía edicións con vos na casa: O tempo do revés
Baía edicións con vos na casa: O tempo do revés
En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.
Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.
"Ana, estás aí? Son Aldara, a nena galega. Estás aí, Ana?" Aldara fixo unha amiga na Arxentina pola internet e quedou con ela para chatear ao día seguinte ás sete da tarde. Ana non apareceu. Que misterio! Pero hai unha explicación, todo ten que ver con que a Terra é redonda. Se aínda non o entendes, vas ter que ler esta aventura de Aldara. Inclúe divertidos proxectos!