Evento: Baia edicións con vosotros en casa: Un día de treboada

Baia edicións con vosotros en casa: Un día de treboada
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Sanxenxo

Baia edicións con vosotros en casa: Un día de treboada

Conto

En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.

Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.

Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.    Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai  de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Orgullos@s!
23 de xuño a 7 de xullo
Biblioteca Pública de Ourense