Evento: Clean Code: Crear e rehacer aplicacions limpas

Clean Code: Crear e rehacer aplicacions limpas
venres, 22 maio, 2020 a sábado, 23 maio, 2020
Evento online,
A Coruña

Clean Code: Crear e rehacer aplicacions limpas

Curso organizado por Vitae Dixital

Programar é expresar procesos con detalle nunha linguaxe non ambigua. Unha linguaxe úsase para comunicar, se se fala é para ser escoitado, se se escribe é para ser lido. Ao escribir hai que pensar no lector. Sobre todo porque en moitas ocasións vas ser ti mesmo. Escribir programas para ser lidos, entendidos e mellorados é unha difícil arte e unha obrigación ineludible. Pero tamén é unha ciencia que se pode aprender e practicar. As técnicas de código limpo axudan a escribir programas sinxelos de entender, que achegan valor e que poden evolucionar.

Obxectivos:

Desenvolver aplicacións fáciles de manter.

Reducir a cantidade de erros e facilitar a súa detección.

Distinguir as boas e malas prácticas de programación.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro de Cultura Romana
23 de xuño a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro Corporalidades diversas
26 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense