Evento: Js Testing: Introducción as probas do software

Js Testing: Introducción as probas do software
luns, 25 maio, 2020 a xoves, 28 maio, 2020
Evento online,
A Coruña

Js Testing: Introducción as probas do software

Taller práctico para probar aplicacións web e JavaScript

As probas do software sempre estiveron rodeadas de controversia. Foron ignoradas e ata desprezadas por moitos. Outros as ven como unha absurda obrigación que sofren día a día. Pero iso está a cambiar, a industria do software xa non acepta máis o negacionismo sobre a relación entre calidade e probas. A detección temperá de erros, a validación das funcionalidades e a mellora no deseño do código son as tres razoes que permite dicir rotundamente: As probas aforran diñeiro. Como calquera técnica, hai un proceso de aprendizaxe e adopción. Neste curso axudarémosche a que coñezas os fundamentos das técnicas máis comúns para que poidas incluílos inmediatamente e así mellores a calidade dos teus programas.

Máis eventos de tipo Obradoiro

“Estudar é + doado se sabes COMO” (1ª Sesión)
26 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiro de colaxe para familias
26 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
250619_cartel_samos
Entre rías
30 de setembro
CEIP de Samos
“Estudar é + doado se sabes COMO” (2ª Sesión)
3 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo