Evento: Museo do Mar de Galicia: A Conquista do Mundo Submarino
Museo do Mar de Galicia: A Conquista do Mundo Submarino
mércores, 1 abril, 2020 a sábado, 30 maio, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela Museo do Mar de Galicia: A Conquista do Mundo Submarino
Visita virtual
Nesta sala do primeiro edificio pode contemplarse a evolución dalgúns dos métodos e técnicas empregados ao longo da historia para mergullarse, entre outras pezas móstranse traxes de mergullo e pezas como as que se empregaron para tentar recuperar os ?tesouros? da Batalla de Rande.
Na sala atópase unha das pezas estrela do museo, como é a Boia lanzatorpedos de Sanjurjo Badía, submarino construído en Vigo a finais de 1800.
A boia está acompañada doutros elementos entre os que se atopan: un traxe de mergullador do S. XVIII, unha maqueta dunha campá de mergullo ou inmersión, un Equipo Siebe- Gorman, que é un traxe de mergullador do S.XIX, e un equipo de mergullo autónomo con bombonas de aire comprimido.
Ligazóns