Evento: ¿A qué soa a túa cervexa?. Descubre as materias primas cerveceiras a través da música

¿A qué soa a túa cervexa?. Descubre as materias primas cerveceiras a través da música
venres, 1 maio, 2020 - 19:30
Evento online,
Santiago de Compostela

¿A qué soa a túa cervexa?. Descubre as materias primas cerveceiras a través da música

Charla organizada por Estrela Galicia

Que comparten o proceso de elaboración dunha cervexa coa composición dunha canción? Da man da banda Míster Marshall e o mestre cervexeiro Fernando Iglesias, Estrela Galicia estrea en Madrid A Que Soa a túa Cervexa, unha experiencia didáctica que estará presente nos mellores festivais deste verán, creada para comprender mellor o universo que teñen en común estas dúas artes.

Facer música e elaborar cervexa son dúas artes que teñen moito en común, máis aló da afección que músicos e público teñen por esta bebida. Compoñer unha canción e crear unha boa cervexa comparten un apaixonante proceso de elaboración, que precisa dun gusto exquisito á hora de escoller cada un dos elementos para que o resultado sexa perfecta.

Malta, lúpulo, cebada e auga. Guitarra, baixo, batería e voz. Un paralelismo que SON Estrela Galicia levará aos festivais de verán coa Que Soa a túa Cervexa, un formato único que aposta pola linguaxe musical como vehículo de transmisión da cultura cervexeira. Esta é unha experiencia interactiva creada para que o público comprenda a unión que existe entre estes dous universos tan parecidos a través das súas materias primas, con exemplos de grandes artistas e un tiraje de cervexas para redondear a experiencia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal