Evento: Un momento para a revolución educativa: Laura Sarasola

Un momento para a revolución educativa: Laura Sarasola
mércores, 1 abril, 2020 a sábado, 30 maio, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Un momento para a revolución educativa: Laura Sarasola

Laura Sarasola fálanos das ferramentas poderosas do teatro.

Recursos de interese:

A ópera, un vehículo de aprendizaxe. https://proyectolova.es/

Programa MUS-E®. https://fundacionyehudimenuhin.org/programas/mus-e/

Laura Sarasola Pontón, docente, actriz e directora teatral, estará connosco para falarnos das razóns polas que o teatro é unha ferramenta poderosa no proceso educativo. Unha proposta que ao longo de varias intervencións convidará aos e as docentes para utilizar recursos artísticos na aula e conseguir unha aprendizaxe construtiva, garantindo a atención. A motivación, a emoción, a curiosidade e a creatividade son traballadas de maneira constante cando creamos, diriximos e interpretamos un espectáculo de teatro, danza, ou calquera obra artística doutra disciplina. Estes mesmos parámetros son os que se poden xeneralizar e aplicar no proceso de ensino-aprendizaxe e achegarnos a un modelo educativo global que se adapte á revolución tecnolóxico-científica que estamos a vivir.

Máis eventos de tipo Obradoiro

PINTURA SOBRE SEDA
19 de abril
Museo de Belas Artes
Escape Room: Os misterios da biblioteca
19 de abril
Biblioteca Pública Municipal Miguel González Garcés
Escola de escribas
19 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Debuxar letras
19 de abril
Axencia de Lectura Municipal de Buxantes