Evento: Sabela King & The Heartbreakers
Sabela King & The Heartbreakers
Sexteto do que forman parte Sabela King, Ramón Figueira “Figui”e Benjamín Vázquez. Estilísticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50's 60's, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais.
Parte do repertorio está formado por temas propios acompañados de ukelele e voz da man de Sabela e adornados intelixentemente polas guitarras de Benja, as armónicas de Figui, baixo e percusión.
Cabe destacar a súa participación no Festival Feito A Man do 2015 e tamén no V Outono Códax Festival, ambos en Santiago de Compostela. Así como a súa participación na primeira edición do Fisterra Blues Experience.
Sabela “King” - Voz e ukelele
Benjamín Vázquez – Guitarra e percusión
Pablo Vázquez - Guitarra
Ramón “Figui” - Armónicas
Diego Novoa - Baixo
Lucas de Centi - Percusión
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo
