Evento: 1,2,3 Hipnotízame
1,2,3 Hipnotízame
Tras o éxito da cuarta edición de IV Galicia Magic Fest presentámosvos unha proposta diferente. Imaxínasche ser hipnotizado en directo? Vive unha experiencia única tanto coma se queres ser parte activa do show coma se queres ser un mero espectador vendo como hipnotizan aos outros.
Unha oportunidade única para ver por primeira ver en Vigo a Jeff Toussaint, un dos mellores hipnotistas do mundo e gran estrela da televisión en España grazas ao Formigueiro e o exitoso programa Hipnotízame 1,2, 3 de Antena 3 TV. Jeff Toussaint, ilusionista e hipnotista profesional de nacionalidade francesa, desenvolveu durante máis de 27 anos unha brillante traxectoria no mundo do ilusionismo e a hipnosis, actuando para públicos de todas as nacionalidades e asesorando a profesionais do espectáculo nas súas presentacións de forma moi activa. Desde 1996 está asentado no noso país onde segue actuando e impartindo cursos en toda a xeografía nacional e no estranxeiro. A súa especialidade, a hipnosis teatral, levoulle a consolidarse como un dos profesionais máis renomeados e mediáticos do momento. A través dun estilo fresco e dinámico propio das táboas que dan o oficio, consegue un espectáculo asombroso, divertido e valorado polo público, colgando o cartel de ?aforo completo? nos exitosos espectáculos que realiza ao ano.
Máis eventos de tipo Espectáculo