Evento: Matinés do Principal: ELE

Matinés do Principal: ELE
sábado, 21 novembro, 2020 - 12:30
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra

Matinés do Principal: ELE

Ciclo de música para todos os públicos no Teatro Principal de Pontevedra

Sen facer moito ruído, pero inequivocamente atrevida, ELE, nome artístico da cantante e pianista madrileña Elena Iturrieta, acabou revelándose como unha das voces máis exquisitas e delicadas da nova escena española. "Summer Rain", o sorprendente álbum co que a descubrimos fai tres anos, levouna a tocar en 75 teatros do país, así como no festival South by Southwest Texas.

"What Night Hides", o seu segundo traballo, gravado no mítico Studio Two de Abbey Road, presenta a unha compositora de altura sen peaxes estilísticos e capacidade para abordar sentimentos como a nostalxia e a melancolía típicos de artistas veteranos. Soul, gospel, folk e canción de autor de elegancia extrema e substratos hipnóticos.

  • ELE - Longing [En directo, Into The Woods]

Máis eventos de tipo Concerto

Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal