Evento: Temples

Temples
sábado, 14 marzo, 2020 - 21:00
Sala Rouge,
Vigo

Temples

Concerto de rock da banda inglesa

Amornes apoiáronse en tres cosas para facer de Hot Motion, o seu novo traballo, un paseo disfrutable: atmosferas cargadas, unhas letras finísimas e unhas cancións cunha estrutura sólida.

Está claro que para renovar unha escena necesítase mocidade e inocencia. Tomar riscos, enfrontarse, equivocarse e/ou acertar; iso é o que fai avanzar á música, e aínda que din que todo está inventado sempre hai onde e como rexenerar.

E iso é o que fixo a banda inglesa desde a súa creación en 2012 e o seu primeiro traballo Sun structures en 2014, experimentar co que máis lles gustaba e mellor sabían facer: o rock e a psicodelia. Mesturando os estilos sonoros da paleta do rock nos anos 60 e 70, impregnados principalmente de psicodelia, pero corenta anos despois, con todo o que iso conleva. Nun exercicio de estilo anacrónico, lograron transportarse ás décadas prodixiosas do rock pero co frescor e a seguridade de estar en 2020, mérito e desvergoña a partes iguais.

  • Temples - Shelter Song

Máis eventos de tipo Concerto

Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños
Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello