Evento: Antonio Tato & Bosco Hill

Antonio Tato & Bosco Hill
venres, 28 febreiro, 2020 - 22:30
La Pecera,
Vigo

Antonio Tato & Bosco Hill

Concerto de rock

Dúas voces únicas e dúas maneiras únicas de entender a música tradicional americana, Bosco Hill e Antonio Tato recollen a testemuña do Greenwich Village neoiorquino e transpórtano ás Rías Baixas, revivindo o espírito fuxido de Woody Guthrie, Bob Dylan e Johnny Cash, nun concerto dobre no que repasarán a súa visión do folk, a canción protesta, o gospel, o blues e o country.

Antonio Tato

A voz máis profunda da escena viguesa, herdeiro directo de Johnny Cash, Fred Neil e Leonard Cohen. Tras o seu debut discográfico ” Snakes, Sailors & Fire” (2017), presenta temas que formarán parte do seu próximo disco. Trens, estradas polvorientas e autenticidade en estado puro.

Bosco Hill

Debedor de Dave Van Ronk e Odetta, o músico de orixe madrileña e alma viguesa, acaba de publicar ” The Anvil Sexa” (2018), a súa segunda referencia coa banda Family Folks. Bebendo da tradición busker e o soul sureño, ofrece un folk rueiro e escuro, afastado das convencións do xénero.

Máis eventos de tipo Concerto

Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños
Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello