Evento: Daimon y la jodida lógica - Matarile Teatro
Daimon y la jodida lógica - Matarile Teatro
Daimon y la jodida lógica - Matarile Teatro
A última creación de Matarile dirixida por Ana Vallés apóiase nun equipo de 14 persoas, nove delas intérpretes. En 2018/19 o Azkuna Zentroa e o Centro de Danza de Zaragoza organizan dúas audicións onde se present...
A última creación de Matarile dirixida por Ana Vallés apóiase nun equipo de 14 persoas, nove delas intérpretes. En 2018/19 o Azkuna Zentroa e o Centro de Danza de Zaragoza organizan dúas audicións onde se presentan 150 candidatos, dos cales dous son seleccionados para incorporarse ao proxecto DAIMON.O destino, a voz da conciencia, a intuición, anxo ou demo, o rumoreo da voz interior que detén ou empuxa. Presenza oculta, imprevisible, que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente. Podemos darlle unha corporeidade, unha presenza escura ou colaboradora, imaxinarnos unha figura que nos acompaña e que non é eu, e noso eu quedaría intacto, íntegro.