Evento: Rapunzel con piollos

Rapunzel con piollos
sábado, 15 febreiro, 2020 - 12:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Rapunzel con piollos

Sábados Creactivos con Sarabela

Sarabela Teatro proponnos para este sábado un obradoiro en torno ao libro de El Hematocrítico, que está acompañada polas ilustracións de Mar Villar "Rapunzel con piollos" Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos… O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos! Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles. Nin a limpeza de Brancaneves e os seus ananos, nin o raio conxelador da Raíña das Neves, tampouco o enxeño de Garavanciño. Os piollos construíron unha cidade no seu cabelo e non pensan marchar. Como ha facer para liberarse deles?.

Actividade dirixida a rapaces e rapazas de máis de 6 anos. Precisa de inscrición previa que pode facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfonos 988 788385 ou 988 788386 a partir do luns anterior ao día da celebración da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

A verbateca
16 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro de teitado
18 de maio a 26 de maio
Museo Etnográfico do Cebreiro
Talla en madeira
18 de maio
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Tecer recursos
18 de maio
Museo de Belas Artes