Evento: A child's garden and the serious sea/ The Mammals of Victoria

  • Stan Brakhage
A child's garden and the serious sea/ The Mammals of Victoria
venres, 14 novembro, 2014 - 18:00
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

A child's garden and the serious sea/ The Mammals of Victoria

Proxecto Vancouver Islands Quartet de Stan Brakhage

Estados Unidos, 1991 + 1994

Dirección, fotografía e produción: Stan Brakhage.

Duración: 108 minutos. 

Proxectamos o conxunto de obras de Stan Brakhage coñecido como Vancouver Islands Quartet, realizado ao longo da última década da súa vida. A proxección das catro películas do ciclo Vancouver Islands de Stan Brakhage parte dunha suxestión da revista Lumière, algún de cuxos colaboradores presentará as dúas sesións en que se repartiron estes títulos rodados ou culminados entre 1991 e 2002, pouco antes da súa morte. A Child's Garden and the Serious Sea (1991) é a primeira das películas que forman a serie The Victoria Trilogy, logo Vancouver Island Quartet, se cadra a última obra maior do cineasta, unha vez se estableceu na illa de Vancouver nos anos finais da súa vida –a serie, onde cada segmento mantén os seus propios elementos, está formada tamén por The Mammals of Victoria (1994).

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Sinais. Programa 1.
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Unha aproximación ao volcán
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Betzy Bromberg. Programa 1.
4 de xuño
Filmoteca de Galicia
Jeannette Muñoz. Programa 1.
5 de xuño
Filmoteca de Galicia